Friday 17 de May de 2024

Teatro infantil no Auditorio de Riveira para educar en igualdade aos nenos do municipio


Baixo a organización do Centro de Información á Muller, o vindeiro sábado día 10 de decembro vai ter lugar ás 19 horas unha función de teatro infantil. Trátase da posta en escena da obra “Roedores”: unha fábula dramatizada con música en directo coa que se trata de concienciar en valores de fomento da igualdade a través das aventuras dos seus personaxes protagonistas: o hamster Peludiño e a rata Munda.

A actividade, de carácter gratuíta, está dirixida a todos os públicos a partir dos 5 anos. Roedores foi nomeada nos Premios de Teatro María Casares deste ano nas categorías de Mellor Espectáculo Infantil e Mellor Actriz Protagonista.